Boletín das ciencias
A CONFERENCIA DO PROFESOR SCHRÖDINGER
Constantino Armesto Ramón
Abstract
A historia comezou no verán de 2006. Turista en Los AÁngeles, decateime dun seminario de oito horas de duración que se vai a celebrar na Universidade de California, en Santa Cruz. Dirı́xese a escritores cientı́ficos e impárteno dous afamados fı́sicos, Bruce Rosenblum e Fred Kuttner. Matriculeime. Como traballo final tiven que redactar, expoñer en público e debater un artigo de catrocentas palabras; para escribilo permitı́ronme usar as bibliotecas da Universidade. Na do departamento de fı́sica, onde indaguei eu, atopei un curioso documento escrito a máquina. Na portada un tı́tulo “A conferencia do profesor Schrödinger”, unha firma “Stefan Zweig”, e un lugar cunha data “Santiago de Compostela 1934”; a continuación dúas páxinas escritas en alemán.